1.31.2010

Xardín de infancia en Fuji, Xapón








O edificio constitúese grazas a unha construcción oval que conta cun perímetro de 183 metros. Esta concebido como un pequeno núcleo, unha pequena aldea de 500 nenos cun gran espazo interior que conforma un lugar de encontro e de relación entre os propios nenos e o entorno que os rodea. Para reforzar esa sensación mantéñense tódolas grandes árbores existentes na parcela (unha especie de olmos xaponeses de 25 metros de altura), e a cuberta convértese nun espazo complementario ao patio central, sendo especialmente destacable a súa adaptación no encontro coas propias árbores, que se resolve mediante unha rede téxtil na que xogan os nenos. Xa no interior, a súa concepción baséase nunha idea de transparencia e continuidade, que evite convertir o edificio nunha muralla entre o interior e o exterior, xogando un papel importante a construcción e colocación do mobiliario, que se converte no protagonista da organización dos diferentes espazos que compoñen o edificio. Cabe destacar tamén a aparición de patios no basamento de cada unha das árbores anteriormente mencionadas.
Superficie total: 1304,01 m2

Arquitectos: Tezuka Architects
Fuji, Xapón (2009)

+ info

Nenhum comentário:

Postar um comentário


Ver Aalba en un mapa más grande